jueves, 17 de diciembre de 2015

RETO PARA AS VACACIÓNS DO NADAL

Como xa vos comentei o último día de clase desta avaliación, déixovos un reto por se vos apetece resolvelo durante as vacacións. Ánimo!

Intenta formar a palabra máis longa posible utilizando unha soa vez cada unha das seguintes letras:


G R E N T E R A P

Aviso!: para que a solución sexa válida a palabra debe aparecer no dicionario de lingua española.



Animádevos a resolver o reto e escribide a vosa solución nos comentarios!

Entrada publicada por Marta en oblogmaster.blogspot..com

martes, 15 de diciembre de 2015

AVALIAMOS

Como xa está rematando a primeira avaliación, imos facer balance do positivo e o negativo traballado neste grupo.

CLARA: o que máis me gustou foi pintar as obras, facer o CSI das cancións e os retos. O que menos me gustou foi xogar cos pentominós.

ELISA: gustoume moito todo, sen embargo non me apetecía moito redactar cada día o que máis me gustaba nin o que aprendera.

MATEO: gustoume moito todo, pero especialmente os retos e xogar cos pentominós. O que menos me gustou foi pintar as obras, porque non me gusta pintar.

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com


AS, SOTA, CABALO E REI.

Hoxe resolvemos este reto. Consistía en facer catro filas e catro columnas coas cartas de as, sota, cabalo e rei, de xeito que ningunha carta se repetise nunha mesma fila (nin horizontal nin verticalmente).


Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

jueves, 10 de diciembre de 2015

A nosa versión da obra do pintor/ escultor Romero Britto.

 Mateo

 Clara

 Elisa

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com 

martes, 1 de diciembre de 2015

O PENTOMINÓ DE CATRO PEZAS

Este reto foinos un pouco difícil, pero ao final conseguímolo. Consistía en facer con catro pezas unha figura.

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

TRIANGULOS DE ESCARVADENTES

Hoxe fixemos un reto que consistían en: con nove escarvadentes facer cinco triángulos equiláteros. Despois, movendo dous escarvadentes tiñamos que facer catro triángulos equiláteros.



Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

WHAT A WONDERFUL WORLD

Esta é unha canción que escribiu Louis Amstrong sobre o que el pensaba do mundo mentres o racismo o rodeava. É un exemplo a seguir non?


Estes son os CSI que fixemos sobre a canción:


Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

martes, 24 de noviembre de 2015

O RETO DOS QUINCE TANTOS

       Este reto foi moi fácil, aínda que había que pensar un pouquiño. Consistía en facer tres grupos de cartas onde cada grupo houbese quince tantos.

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blospot.com


jueves, 19 de noviembre de 2015

O PENTOMINÓ

O  pentominó foinos moi dificil, pero conseguimos facer unha figura con tres pezas.

 Entrada publicada por Clara, Elisa y Mateo en oblogmaster.blogspot.com

jueves, 12 de noviembre de 2015

RETO

Hoxe fixemos un reto que para nós foi moi difícil

 Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

martes, 10 de noviembre de 2015

¿A QUIÉN LE IMPORTA?

Nós temos un folleto chamado C.S.I. que consiste en representar con cores, símbolos e imaxes os sentimentos que nos transmite unha canción.

Por exemplo:
"¿A quién le importa?" De Alaska.

Este é o C.S.I de Clara:

Este é o C.S.I. de Elisa:


Entrada publicada por Clara, Elisa y Mateo en oblogmaster.blogspot.com

lunes, 9 de noviembre de 2015

IMAGINE

Compartimos esta canción con vós para que lembredes que hai que respectar aos demais.


Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

miércoles, 4 de noviembre de 2015

A XITANA DURMIDA

Mateo, Clara e Elisa fixemos as nosas propias versións da obra do pintor francés Henry Rousseau chamada "A Xitana Durmida".

Mateo:

Clara:
 

Elisa:

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com