jueves, 17 de diciembre de 2015

RETO PARA AS VACACIÓNS DO NADAL

Como xa vos comentei o último día de clase desta avaliación, déixovos un reto por se vos apetece resolvelo durante as vacacións. Ánimo!

Intenta formar a palabra máis longa posible utilizando unha soa vez cada unha das seguintes letras:


G R E N T E R A P

Aviso!: para que a solución sexa válida a palabra debe aparecer no dicionario de lingua española.



Animádevos a resolver o reto e escribide a vosa solución nos comentarios!

Entrada publicada por Marta en oblogmaster.blogspot..com

martes, 15 de diciembre de 2015

AVALIAMOS

Como xa está rematando a primeira avaliación, imos facer balance do positivo e o negativo traballado neste grupo.

CLARA: o que máis me gustou foi pintar as obras, facer o CSI das cancións e os retos. O que menos me gustou foi xogar cos pentominós.

ELISA: gustoume moito todo, sen embargo non me apetecía moito redactar cada día o que máis me gustaba nin o que aprendera.

MATEO: gustoume moito todo, pero especialmente os retos e xogar cos pentominós. O que menos me gustou foi pintar as obras, porque non me gusta pintar.

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com


AS, SOTA, CABALO E REI.

Hoxe resolvemos este reto. Consistía en facer catro filas e catro columnas coas cartas de as, sota, cabalo e rei, de xeito que ningunha carta se repetise nunha mesma fila (nin horizontal nin verticalmente).


Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

jueves, 10 de diciembre de 2015

A nosa versión da obra do pintor/ escultor Romero Britto.

 Mateo

 Clara

 Elisa

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com 

martes, 1 de diciembre de 2015

O PENTOMINÓ DE CATRO PEZAS

Este reto foinos un pouco difícil, pero ao final conseguímolo. Consistía en facer con catro pezas unha figura.

Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

TRIANGULOS DE ESCARVADENTES

Hoxe fixemos un reto que consistían en: con nove escarvadentes facer cinco triángulos equiláteros. Despois, movendo dous escarvadentes tiñamos que facer catro triángulos equiláteros.



Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com

WHAT A WONDERFUL WORLD

Esta é unha canción que escribiu Louis Amstrong sobre o que el pensaba do mundo mentres o racismo o rodeava. É un exemplo a seguir non?


Estes son os CSI que fixemos sobre a canción:


Entrada publicada por Clara, Elisa e Mateo en oblogmaster.blogspot.com